Hoxe tocoulle á clase de 5º de Educación Primaria vivir unha sesión diferente en Educación Física. Estivemos practicando voleibol cun monitor do programa XOGADE, do club de voleibol Maniotas de Cangas. Estivemos practicando os diferentes tipos de golpeos na rede, algo complicado ao principio, pero pouco a pouco fómonos adaptando.
martes, 26 de novembro de 2024
mércores, 13 de novembro de 2024
Convivencia no Gatañal co Balonmán Cangas
Hoxe volvemos a vivir unha xornada especial de convivencia no pavillón do Gatañal, con outros coles de O Morrazo. Estivemos a facer unhas pequenas competicións con mini partidos entre os coles, arbitrados polos monitores do club e facendo de adestradores de cada equipo os propios xogadores da primeira plantilla do balonmán Cangas. Unha experiencia fabulosa para o noso alumnado que seguro que non esquecen!
venres, 8 de novembro de 2024
Xornada especial de balonmán na escola
Durante estas dúas semanas estivemos a recibir no noso centro a monitores e xogadores do club Bolonmán Cangas, dentro da modalidade actividade deportiva escolar do programa XOGADE. O noso alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria iniciouse nos fundamentos do balonmán e puideron compartir actividade física e deportiva cos xogadores do primeiro equipo. Neste caso, a clase de 3º puido facerlle uns lanzamentos ao gardameta Mateo Pallas.