Hoxe celebrouse o cross provincial en Portas. Fomos co noso alumnado de 4º e 2º de Educación Primaria, logo de haberse clasificado no cross zonal celebrado en A Xunqueira. Puidemos gozar dunha xornada deportiva con outros coles da provincia.
En ambas aulas conseguimos representación do noso alumnado no podio, pero o máis importante foi a experiencia, que saiban competir con deportividade e pasar unha xornada diferente.