Hoxe celebramos o Samaín cunha milla chea de medo. Dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva, tratamos de establecer unha interdisciplinariedade coas diferentes actividades complementarias e celebracións do centro. Deste xeito, grazas á formidable colaboración da nosa ANPA Madreboa, puidemos gozar dun percorrido da nosa milla diaria moi diferente, cheo de numerosas caracterizacións propias do Samaín e celebrar este día dunha maneira diferente.
luns, 30 de novembro de 2020
Unha milla chea de medo!
martes, 3 de novembro de 2020
Novas porterías
Acabamos de adquirir unhas novas porterías para a pista polideportiva exterior. Con estas pequenas porterías podemos dividir a pista en zonas máis pequenas e poder así practicar máis disciplinas ao mesmo tempo nos tempos de lecer e ter a máis alumnado practicando actividade física ao mesmo tempo. Iso si, haberá que xogar sen porteiro, se non a ver quen marca un gol!
luns, 2 de novembro de 2020
Hoxe somos superheroínas
Hoxe convertémosnos todas e todos en superheroínas, para conmemorar o 25 de novembro como día da non violencia de xénero. Aproveitamos a nosa milla diaria e, disfrazados cunha capa violeta, corremos coma superheroínas para visibilizar a nosa loita por facer que dunha vez por todas desapareza a violencia de xénero.