Proxecto Deportivo de Centro

O Proxecto Deportivo de Centro (PDC) é un instrumento para planificar, desenvolver e avaliar os programas, actividades e eventos que se realizan no centro arredor do fomento da actividade física, o exercicio físico e o deporte.
O obxectivo do PDC é o de converter ao CEIP Plurilingüe de Tirán en dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no noso ámbito de influencia. Buscamos que o 100% dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no non lectivo, a actividade física, o exercicio físico ou o deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade. Buscamos polo tanto loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

Obxectivos para o alumnado
  • Adquirir a necesidade de levar una vida activa e saudable, sendo conscientes dos beneficios/perxuicios dunha vida activa/sedentaria, sendo capaces de actuar de dinamizadores na súa contorna máis próxima (familia e grupos de amizade).
  • Coñecer todos os recursos existentes na súa contorna para levar una vida activa e saudable.
  • Empregar ferramentas dixitais para a dinamización e proxección do proxecto á comunidade educativa.
Obxectivos para o profesorado
  • Potenciar o traballo en equipo e a iniciativa persoal, coordinada co profesorado e integrando a participación da comunidade escolar e local no desenvolvemento do proxecto (pais, veciños, etc).
  • Incentivar a autonomía persoal do alumnado dentro do proxecto, facéndoo partícipe nas tomas de decisisóns para levar a cabo as distintas actuacións e actividades propostas.
Obxectivos para a comunidade educativa
  • Integrar a filosofía do programa dentro da liña educativa do centro (colexio activo e saudable), traballando de forma trasnversal os obxectivos do mesmo.
  • Difundir información sobre vida activa e saudable.
  • Implicar aos distintos axentes sociais (familias, técnicos municipais, policía local, asociacionismo, servizo de saúde, colectivos de usuarios...) na promoción dun estilo de vida activo.
  • Promover unha sociedade máis activa e saudable, de forma integradora e non excluínte.