Hoxe recibimos ao alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Quintela, para unha xornada de encontros multideportivos do programa XOGADE. Puidemos practicar balonmán, baloncesto e volei praia, na nosa pista de area. Acompañáronnos na nosa milla e finalmente fixemos unha foto de grupo para despedirnos.