venres, 3 de decembro de 2021

Día internacional das persoas con discapacidade

Este ano volvemos a celebrar o día internacional da discapacidade coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP). Visitáronnos novamente para facer unha exhibición de boccia e slalom en cadeira de rodas.

Primeiramente explicáronnos en que consisten as modalidades, as regras, como compiten e o traballo que fan desde a súa asociación.


Seguidamente animáronnos a practicar ambas modalidades. Descubrimos que o boccia, a pesar de ser unha disciplina para persoas con discapacidade, é moi divertido para practicar nas clases de Educación Física. Na cadeira de rodas experimentamos as dificultades que supón desprazarse dese xeito e probamos a facer un exercicio de slalom.