martes, 20 de xuño de 2023

Saída fin de curso

Este ano organizamos a saída fin de curso de actividades deportivas. Unha mostra máis do compromiso do noso PVAD, co que intentamos relacionar as actividades complementarias e extraescolares coa práctica da actividade física. 

Estivemos na Illa das Esculturas en Pontevedra, con xogos de auga e actividades acuáticas como kayak e pádel surf. Ademais fixémos unha búsca do tesouro pola illa para coñecer a historia das esculturas que alí se atopan.



 

mércores, 14 de xuño de 2023

Recibimos ao cole de Quintela

Hoxe o CEIP de Quintela devolveunos a visita deportiva que lle fixeramos nós semanas atrás. Unha visita dentro do programa XOGADE de encontros multideportivos onde poñemos en práctica algunhas modalidades deportivas coma baloncesto, balonmán, hokey, fútbol sala, xadrez, etc.



luns, 12 de xuño de 2023

Visita das remeiras do S.D. Tirán

Hoxe visitáronnos as rapazas remeiras do S.D. Tirán. Viñeron a presentarnos o seu clube e, sobre todo, a falar do papel femenino no remo actual. Unha charla moi interesante que enseguida estivo acompañada de xogos de quecemento para terminar cunhas actividades no ergómetro. Unha maneira de enganchar aos máis pequenos na práctica desta modalidade tan tradicional no noso concello.









 

mércores, 7 de xuño de 2023

Almorzos saudables

Hoxe o noso alumnado de 4º de E. Primaria viviu unha xornada de alimentación saudable nas instalacións do antiguo Makore. Todo isto grazas a unha iniciativa do Patronato Municipal Beiramar, co seu obradoiro Moaña Laboura de hostelería. Así puidemos participar na elaboración e degustación de pratos para termos un almorzo diferente e máis saudable. Unha iniciativa fabulosa que o noso alumnado acolleu con moito éxito.



 

xoves, 1 de xuño de 2023

Xornada muitixogo en Reibón e Seara

Hoxe tivemos unha xornada multixgo co noso alumnado de 1º e 2º de E. Primaria, dentro do programa XOGADE. Nesta ocasión xuntámonos varios centros de O Morrazo nas instalacións dos centros do CEIP Seara e CEIP Plurilingüe de Reibón. Fixemos varios xogos de puntería, desprazamentos, coordinación e cooperación.