xoves, 28 de abril de 2022

Xornadas de piscina!

Voltamos novamente á piscina de Moaña. Un ano máis, grazas á colaboración entre o concello de Moaña, que nos pon o autobús, e ao Centro Deportivo de Moaña, que nos ofrece unha tarifa reducida, o noso alumnado de 6º de EP pode disfrutar de actividades acuáticas. As sesións diríxeas o mestre de Educación Física, baixo a supervisión dos monitores e socorristas do centro.

Deste xeito podemos poñer en práctica algunhas habilidades dos diferentes estilos de natación e algúns xogos acuáticos.



luns, 4 de abril de 2022

Practicamos fútbol gaélico

Este ano puxémos en práctica unha modalidade deportiva nova e case descoñecida para nós, o fútbol gaélico. É unha nodalidade de orixe irlandés na que podes patear o balón cos pés, pero tamén agarralo e pasalo coa man. Visitounos un monitor que nos estivo ensinando habilidades básicas.

Primeiramente, e debido ás malas condicións meteorolóxicas, estivemos practicando pases e golpeos coas mans dentro do ximnasio.


Xa noutras sesións, puidemos poñer en práctica o aprendido na pista polideportiva con novas tarefas e xogos adaptados.