Hoxe o noso alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria estivo nunha xornada de multixogo nas instalacións do CEIP Seara e CEIP Plurilingüe de Reibón. Alí estivemos con outros centros de O Morrazo facendo varios xogos de puntería, desprazamentos, coordinación e cooperación. É unha actividade que forma parte do programa XOGADE e que serve para iniciar aos máis pequenos na practica da actividade física e deportiva de intercambio con centros escolares.
- Inicio
- O Proxecto
- Programas
- A milla da curuxa
- PEVS
- Aliméntate ben
- En familia
- Cross
- Enlaces
- Contacto