luns, 16 de xuño de 2025

Visita do CEIP de Quintela

Hoxe recibimos ao alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Quintela, para unha xornada de encontros multideportivos do programa XOGADE. Puidemos practicar balonmán, baloncesto e volei praia, na nosa pista de area. Acompañáronnos na nosa milla e finalmente fixemos unha foto de grupo para despedirnos.




 

venres, 13 de xuño de 2025

Premio unha baixada á praia!

Hoxe o alumnado de 3º de Educación Primaria recibiu o seu premio de baixar á praia para facer unha clase de Educación Física. Isto débese a unha iniciativa que puxemos en marcha para romper coa monotonía da milla da Curuxa, onde estabamos a observar que unha parte do alumnado fai o percorrido paseando moi lento e non chegabamos a tempo. Propuxemos un reto de dar un punto a cada alumno ou alumna que conseguira completar a milla no tempo estipulado, a clase que máis puntos acumulara nun periodo determinado obtería un premio. 

Deste xeito o alumnado de 3º puido gozar dunha clase de Educación Física diferente. Estivemos facendo lanzamentos de vórtex e facendo algunhas carreiras. Pasámolo xenial!





 

luns, 9 de xuño de 2025

Celebrando a victoria das Olipiadas no cole!

Hoxe dedicamos un anaco de tempo lectivo a celebrar a victoria nas olimpiadas do pasado 7 de xuño. É unha maneira de compartir ese momento con todo o alumnado do centro, ben porque non puideron asistir ás olimpiadas ou porque non puideron quedar ata o final o propio sábado. Dalgún xeito todo o alumnado é partícipe porque traballamos o atletismo desde a materia de Educación Física.


sábado, 7 de xuño de 2025

Vencedores das olimpíadas 2025!

O CEIP Plurilingüe de Tirán conseguiu a victoria nas olimpíadas escolares de Moaña, por terceira vez na súa historia. Este ano sabíamos que tiñamos potencial para conseguilo e todo o alumnado traballou moi exitosamente o atletismo desde a materia de Educación Física. Había moitas dúbidas entre o alumnado porque o mestre de Educación non podería estar por compromisos persoais, pero houbo colaboradores entre as familias que o fixeron estupendamente.

Todo comezou co desfile de coles, cada un coa súa bandeira, como todolos anos, desde o concello ata as pistas de atletismo de A Xunqueira. Pouco a pouco fóronse disputando as diferentes probas nas distintas categorías e, enseguida comezou a destacar o CEIP de Quintela seguido moi de cerca polo noso cole. Ao longo do día todo se mantivo así, ata que pola tarde o noso centro se puxo en cabeza e o cole de Quintela comezou a descolgarse na clasificación. Sen embargo, comezou a acercarse o CEIP de Reibón e mantivemos un pulso moi apretado ata a última proba do día e finalmente conseguimos a victoria tan só por 3 puntos de diferencia con Reibón.

A celebración do noso centro foi espectacular e quedará na memoria de todo o alumnado para sempre, algo que conseguiron co seu esforzo e coa súa ilusión.


A euforia era máxima entre alumnado e familias, polo que prolongaron a celebración na praia, algo que xa se está a converter en habitual nos últimos anos.

domingo, 1 de xuño de 2025

Cros de Riomaior 2025

Hoxe celebreouse o cros de Riomaior e o noso alumnado non faltou á cita, enseguida tomaron a saída as primeiras categorías e o todos e todas a correr. Foi un éxito para o noso alumnado, que quedou segundo clasificado como colexio e cun montón de podios, incluso o seu mestre que gañou a popular!