Amosando publicacións coa etiqueta O proxecto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O proxecto. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de xuño de 2025

Visita do CEIP de Quintela

Hoxe recibimos ao alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Quintela, para unha xornada de encontros multideportivos do programa XOGADE. Puidemos practicar balonmán, baloncesto e volei praia, na nosa pista de area. Acompañáronnos na nosa milla e finalmente fixemos unha foto de grupo para despedirnos.




 

venres, 13 de xuño de 2025

Premio unha baixada á praia!

Hoxe o alumnado de 3º de Educación Primaria recibiu o seu premio de baixar á praia para facer unha clase de Educación Física. Isto débese a unha iniciativa que puxemos en marcha para romper coa monotonía da milla da Curuxa, onde estabamos a observar que unha parte do alumnado fai o percorrido paseando moi lento e non chegabamos a tempo. Propuxemos un reto de dar un punto a cada alumno ou alumna que conseguira completar a milla no tempo estipulado, a clase que máis puntos acumulara nun periodo determinado obtería un premio. 

Deste xeito o alumnado de 3º puido gozar dunha clase de Educación Física diferente. Estivemos facendo lanzamentos de vórtex e facendo algunhas carreiras. Pasámolo xenial!





 

luns, 9 de xuño de 2025

Celebrando a victoria das Olipiadas no cole!

Hoxe dedicamos un anaco de tempo lectivo a celebrar a victoria nas olimpiadas do pasado 7 de xuño. É unha maneira de compartir ese momento con todo o alumnado do centro, ben porque non puideron asistir ás olimpiadas ou porque non puideron quedar ata o final o propio sábado. Dalgún xeito todo o alumnado é partícipe porque traballamos o atletismo desde a materia de Educación Física.


sábado, 7 de xuño de 2025

Vencedores das olimpíadas 2025!

O CEIP Plurilingüe de Tirán conseguiu a victoria nas olimpíadas escolares de Moaña, por terceira vez na súa historia. Este ano sabíamos que tiñamos potencial para conseguilo e todo o alumnado traballou moi exitosamente o atletismo desde a materia de Educación Física. Había moitas dúbidas entre o alumnado porque o mestre de Educación non podería estar por compromisos persoais, pero houbo colaboradores entre as familias que o fixeron estupendamente.

Todo comezou co desfile de coles, cada un coa súa bandeira, como todolos anos, desde o concello ata as pistas de atletismo de A Xunqueira. Pouco a pouco fóronse disputando as diferentes probas nas distintas categorías e, enseguida comezou a destacar o CEIP de Quintela seguido moi de cerca polo noso cole. Ao longo do día todo se mantivo así, ata que pola tarde o noso centro se puxo en cabeza e o cole de Quintela comezou a descolgarse na clasificación. Sen embargo, comezou a acercarse o CEIP de Reibón e mantivemos un pulso moi apretado ata a última proba do día e finalmente conseguimos a victoria tan só por 3 puntos de diferencia con Reibón.

A celebración do noso centro foi espectacular e quedará na memoria de todo o alumnado para sempre, algo que conseguiron co seu esforzo e coa súa ilusión.


A euforia era máxima entre alumnado e familias, polo que prolongaron a celebración na praia, algo que xa se está a converter en habitual nos últimos anos.

domingo, 1 de xuño de 2025

Cros de Riomaior 2025

Hoxe celebreouse o cros de Riomaior e o noso alumnado non faltou á cita, enseguida tomaron a saída as primeiras categorías e o todos e todas a correr. Foi un éxito para o noso alumnado, que quedou segundo clasificado como colexio e cun montón de podios, incluso o seu mestre que gañou a popular!




sábado, 31 de maio de 2025

Excursión a Galipark

O noso alumnado de 6º foi de excursión a Galipark, a Padrón. Unha excursión chea de actividades deportivas, que é a tendencia que estamos a seguir nos últimos anos e que se afianza co noso PVAD. Alí puideron gozar da piscina, tiro con arco, circuito en altura, tirolina, BTT, kayak, etc.




 

xoves, 29 de maio de 2025

Xornada de multixogo para o 1º ciclo

Hoxe o noso alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria estivo nunha xornada de multixogo nas instalacións do CEIP Seara e CEIP Plurilingüe de Reibón. Alí estivemos con outros centros de O Morrazo facendo varios xogos de puntería, desprazamentos, coordinación e cooperación. É unha actividade que forma parte do programa XOGADE e que serve para iniciar aos máis pequenos na practica da actividade física e deportiva de intercambio con centros escolares.



 

domingo, 25 de maio de 2025

Cros de Domaio 2025

Hoxe tivo lugar o cros de Domaio, cun día marabilloso e un entorno espectacular. Este é un cros que se lle da moi ben aos nosos atletas máis pequenos, tal e como podemos ver neste podio completo con alumnos do noso cole.



 

martes, 6 de maio de 2025

Unha milla chea de libros!

Hoxe celebramos o día do libro convertendo a nosa milla da Curuxa nunha biblioteca. O noso alumnado saiu en pequenos grupos e alí onde máis lles gustou sentáronse e os maiores léronlle aos máis peques. É unha maneira diferente de celebrar este día e ao mesmo tempo poñer de manifesto que o noso PVAD intenta estar integrado no resto de celebracións complementarias do centro, dunha maneira interdisciplinar. Aproveitando este entorno tan agradable que temos o noso alumnado puido gozar dos libros en plena natureza.




 

domingo, 27 de abril de 2025

Cros de Castrillón 2025

Hoxe tivo lugar o cros de Castrillón. Nesta ocasión o noso centro non tivo moita participación pero aí estiveron os de sempre dando boa conta da proba. Un día para disfrutar do deporte en familia.



 

xoves, 10 de abril de 2025

Xornada de atletismo en pista en A Xunqueira

Hoxe tivo lugar unha nova xornada de atletismo en pista, dentro do programa XOGADE, nas pistas de atletismo de A Xunqueira en Moaña. Alí o noso alumnado de 4º de Educación Primaria estivo competindo en probas de atletismo con outros centros de O Morrazo. Estiveron facendo salto de lonxitude, 60 metros, 500 metros, relevos e lanzamento de vórtex. Unha xornada especial de convivencia practicando actividade física e deportiva.