Amosando publicacións coa etiqueta Cross. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cross. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de xuño de 2025

Cros de Riomaior 2025

Hoxe celebreouse o cros de Riomaior e o noso alumnado non faltou á cita, enseguida tomaron a saída as primeiras categorías e o todos e todas a correr. Foi un éxito para o noso alumnado, que quedou segundo clasificado como colexio e cun montón de podios, incluso o seu mestre que gañou a popular!




domingo, 25 de maio de 2025

Cros de Domaio 2025

Hoxe tivo lugar o cros de Domaio, cun día marabilloso e un entorno espectacular. Este é un cros que se lle da moi ben aos nosos atletas máis pequenos, tal e como podemos ver neste podio completo con alumnos do noso cole.



 

domingo, 27 de abril de 2025

Cros de Castrillón 2025

Hoxe tivo lugar o cros de Castrillón. Nesta ocasión o noso centro non tivo moita participación pero aí estiveron os de sempre dando boa conta da proba. Un día para disfrutar do deporte en familia.



 

domingo, 30 de abril de 2023

Cross de Castrillón

Esta fin de semana celebrouse o cross do CEIP Plurilingüe do Castrillón-Coiro e como non podía ser menos aí estivo o noso alumnado, que sempre se amosa moi participativo, grazas tamén á aposta das súas familias por acudir a estas citas deportivas que fomentan a actividade física.



sábado, 11 de maio de 2019

Chega o Cross de Tirán

Hoxe celebramos unha nova edición do noso cross. Un día espléndido con moito azul pola contorna de Tirán. A participación foi moi boa e moi numerosa por parte do noso alumnado, chegando a inscribirse case 120 en total.

É un cross duro porque nas categorías inferiores é sempre costa arriba e nas demáis xa nos metemos no monte dos remedios, un verdadeiro terreno de cross cun terreo moi irregular.

Como podedes ver a xornada deixou moi boas imaxes. Esperamos que o noso cross siga con moito futuro por diante.

     

domingo, 17 de marzo de 2019

Cross CEIP A Rúa 2019

Hoxe comeza a temporada de cross escolares do Morrazo, no CEIP de A Rúa. Finalmente a chuvia deunos unha tregua e repercutiu moi pouco na nosa participación prevista, de xeito que se acercaron ata alí uns 40 escolares do noso centro.

mércores, 20 de xuño de 2018

II Edición dos Premios Cross

Hoxe foi o último día de cole e despedimos o curso co tradicional festival, ademais de facer entrega dos Premios Cross por parte da coordinación do noso Proxecto Deportivo.



Estes premios teñen tres categorías:

  • Premio á participación: outorganse 2 puntos pola participación en cada unha das probas da temporada de crosses, agás no Cross de Tirán no que se outorgan 4 puntos. Obteñen o premio aqueles participantes que acadaron 10 puntos. Estes son os premiados:


  • Premio especial á participación: concédeselle aos participantes que asisten a todas as probas. Estes son os nove que non fallaron:



  • Premio especial á combatividade: aos tres primeiros clasificados segundo un baremo que ten en conta a participación e o posto acadado en cada proba. Velaquí os gañadores desta edición: