Chegado o segundo trimestre voltamos co programa de piscina para 6º de E. Primaria, grazas á colaboración entre o concello de Moaña, que nos pon o autobús, e ao Centro Deportivo de Moaña, que nos ofrece unha tarifa reducida. É unha maneira de que o noso alumnado poida gozar de actividades acuáticas dentro das sesións de Educación Física, baixo a supervisión dos monitores e socorristas do centro. Así, podemos poñer en práctica algunhas habilidades dos diferentes estilos de natación e xogos acuáticos.
- Inicio
- O Proxecto
- Programas
- A milla da curuxa
- PEVS
- Aliméntate ben
- En familia
- Cross
- Enlaces
- Contacto
xoves, 3 de abril de 2025
mércores, 5 de febreiro de 2025
Campionato provincial de campo a través en Zamáns
Hoxe a clase de 5º de Educación Primaria, participou no campionato provincial de campo a través en Zamáns, logo de clasificarse como aula na fase zonal de A Xunqueira. Foi unha xornada moi divertida, de convivencia con outros centros e cun quecemento moi especial, a ritmo de DJ.
Feito o quecemento en seguida nos dispuxemos a tomar a saída. Foi unha carreira dura, con moita dificultade técnica. Anída así conseguimos un podio.
Pero o máis importante foi a convivencia e vivir unha experiencia diferente como grupo aula na que todos estivemos a unha!
martes, 26 de novembro de 2024
Hoxe voleibol en Educación Física!
Hoxe tocoulle á clase de 5º de Educación Primaria vivir unha sesión diferente en Educación Física. Estivemos practicando voleibol cun monitor do programa XOGADE, do club de voleibol Maniotas de Cangas. Estivemos practicando os diferentes tipos de golpeos na rede, algo complicado ao principio, pero pouco a pouco fómonos adaptando.
mércores, 13 de novembro de 2024
Convivencia no Gatañal co Balonmán Cangas
Hoxe volvemos a vivir unha xornada especial de convivencia no pavillón do Gatañal, con outros coles de O Morrazo. Estivemos a facer unhas pequenas competicións con mini partidos entre os coles, arbitrados polos monitores do club e facendo de adestradores de cada equipo os propios xogadores da primeira plantilla do balonmán Cangas. Unha experiencia fabulosa para o noso alumnado que seguro que non esquecen!
venres, 8 de novembro de 2024
Xornada especial de balonmán na escola
Durante estas dúas semanas estivemos a recibir no noso centro a monitores e xogadores do club Bolonmán Cangas, dentro da modalidade actividade deportiva escolar do programa XOGADE. O noso alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria iniciouse nos fundamentos do balonmán e puideron compartir actividade física e deportiva cos xogadores do primeiro equipo. Neste caso, a clase de 3º puido facerlle uns lanzamentos ao gardameta Mateo Pallas.
luns, 14 de outubro de 2024
Cros zonal O Morrazo
Hoxe tivo lugar unha nova edición do cros zonal da zona de O Morrazo, nas inmediacións das pistas de atletismo de A Xunqueira en Moaña. Esta proba forma parte do programa XOGADE e é clasificatoria para o campionato provincial.
A xornada estivo moi fresca posto que estaba nublado e o noso alumnado pasouno moi ben. Conseguiron algúns podios e agora falta saber se algunha das nosas aulas consegue esa clasificación provincial.
venres, 19 de abril de 2024
Xornada de atletismo en pista en A Xunqueira
Hoxe vivimos unha xornada de atletetismo en pista en A Xunqueira, dentro da modalidade de Actividade deportiva escolar do programa XOGADE. O noso alumnado estivo competindo con outros coles de O Morrazo en probas como salto de lonxitude, lanzamento de peso, 500 m, 60 m e relevos. A ver se temos sorte e conseguimos a clasificación para a fase provincial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)