Chegamos ao fin do concurso. Neste último reto hai que elaborar unha receita saudable con algún alimento que non probaras antes. Animamos ao noso alumnado e ás súas familias a participar, a ver se hai sorte e alguén pode acompañar a Carla Pequeño a ese obradoiro de cociña no Basque Culinary Center de San Sebastián, despois de resultar ser a gañadora do 1º reto.
