luns, 24 de abril de 2017

Unha milla lectora

Hoxe celebramos o día do libro e convertemos a nosa Milla da Curuxa nunha milla lectora. Tivemos un día xenial, deses que se prestan para estar en contacto directo coa natureza. Que mellor escenario para disfrutar da lectura dun libro.

Fixemos parellas entre o noso alumnado, para que cada neno e cada nena lle lese un libro a outro máis pequeno. Primeiro organizamos as parellas e por si mesmos xa se encargaron de escoller o libro en castelán, en galego e mesmo en inglés.

Logo, collidos da man, iniciamos un paseo pola nosa milla, ata que cada parella atopase un lugar do seu agrado para disfrutar da lectura. Como podedes ver o percorrido encheuse de nenos e nenas sentados en calquera lado gozando dun libro. Algúns incluso preferiron saír do camiño e adentrarse entre os arbustos.

   

domingo, 23 de abril de 2017

O CEIP Plurilingüe de Tirán de novo con premio no Pasaporte Saudable

Na nosa segunda participación no concurso Pasaporte Saudable conseguimos o terceiro posto. Foi a nosa alumna Carla Pequeño Juncal de 1º de E. Primaria. Fixo un vídeo moi divertido, explicando como é unha xornada de cross escolar. Para ela un libro e un mandil. Aquí podedes ver o vídeo. Noraboa Carla!


venres, 21 de abril de 2017

2ª xornada de XOGADE no CEIP Plurilingüe de Tirán

Hoxe visitounos o CEIP Plurilingüe de San Roque Darbo para celebrar a segunda xornada de XOGADE, na modalidade de Actividade deportiva escolar, de novo co alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, aínda que tivemos que botar man dalgúns alumnos de 4º de E. Primaria para poder completar os equipos.

Unha vez máis disputamos as modalidades de balonmán, baloncesto, fútbol sala e xadrez. Coma sempre, para despedir a xornada xogamos ao brilé todos mesturados.

E o mellor de todo, levamos ao alumnado e mestres de San Roque Darbo a facer a Milla da Curuxa. Encantoulles e animámolos a que fagan algo similar no seu centro.

 
 

luns, 3 de abril de 2017

Unha promoción de conservas moi positiva

Tralos obradoiros de Ponlle as pilas ao teu bocata, recentemente levados a cabo no noso centro, e despois de elaborar nós ese bocata tan especial, puxemos en marcha a primeira semana de promoción das merendas con conservas.

Aproveitamos o entusiasmo do noso alumnado despois destas actuacións e fomentamos día a día que se trouxeran merendas con conservas. O resultado foi moi bo, pois de non traer ninguén merenda dese tipo pasamos a ter as seguintes porcentaxes de alumnado que se atreveu con merendas con conservas: