martes, 15 de maio de 2018

Último reto do "Pasaporte Saludable"

Chegamos ao fin do concurso. Neste último reto hai que elaborar unha receita saudable con algún alimento que non probaras antes. Animamos ao noso alumnado e ás súas familias a participar, a ver se hai sorte e alguén pode acompañar a Carla Pequeño a ese obradoiro de cociña no Basque Culinary Center de San Sebastián, despois de resultar ser a gañadora do 1º reto.

xoves, 10 de maio de 2018

Creacións saudables para o "Pasaporte Saludable"

Xa rematou este penúltimo reto do concurso Pasaporte Saludable, que consistía en reproducir, con alimentos saudables, unha paisaxe, un animal ou un personaxe. Nesta ocasión non tivemos moita participación, pero son de calidade. A ver se algún dos nosos alumnos e alumnas resultan gañadores de novo.

Estas son as súas creacións!

venres, 4 de maio de 2018

Queredes ver o que facemos na Milla da Curuxa cando chove?

Non todos os días podemos facer A Milla da Curuxa, porque chove, porque fai moito vento e é perigoso meterse entre as árbores, porque choveu moito o día anterior e o terreo está embarrado, etc. Pero nós non paramos, tal e como establecemos no noso programa Móvete+, temos unha alternativa que primeiramente consistía na posta en práctica dunha coreografía preestablecida polo Plan Galicia Saudable. Sen embargo, pouco a pouco esta coreografía foi perdendo interese entre o noso alumnado.

Para poder continuar adiante tivemos que buscar unha alternativa e que mellor que escoitar ao noso alumnado. Pouco a pouco fóronnos insistindo na proyección de vídeos de Just Dance, fixémoslles caso e xa non hai quen os pare!