luns, 3 de novembro de 2025

Móvete!

Dentro do noso PVAD, cando chove, o noso alumnado non pode saír a facer a milla da Curuxa. No seu lugar baixamos ao ximnasio e facemos bailes imitando o xogo de Just Dance. Isto forma parte do programa Móvete +, incluído no noso proxecto.



 

luns, 13 de outubro de 2025

Practicamos con ergómetro!

Hoxe recibimos a visita dunha monitora do club de remo de Samertolameu, que veu a darnos unha sesión con ergómetros, para practicar cara unha vindeira convivencia competición con outros centros, que vai ter lugar no pavillón de A Raña de Marín, dentro do programa XOGADE. A maioría do noso alumnado era a primeira vez que se subía a un ergómetro. Puideron aprender aspectos técnicos do agarre, da postura da espalda e da función das pernas. O máis difícil foi coordinar os tempos e entender que primeiro actúan as pernas, logo os brazos e, ademais, entender que non é cuestión de ir máis rápido, senón de aplicar potencia en cada tirada.



martes, 23 de setembro de 2025

Hoxe quenda de balonmán para 4º, 5º e 6º!

Hoxe foi a quenda de xornada especial de balonmán para 4º, 5º e 6º. Novamente, os monitores do club Balonmán Cangas viñeron a impartir unha sesión de balonmán na clase de Educación Física. Puideron practicar esta modalidade acompañados dalgúns xogadores do primeiro equipo. Toda unha experiencia compartir clase con xogadores da liga ASOBAL.






 

luns, 22 de setembro de 2025

Xornada especial de balonmán para 3º!

Hoxe recibimos a visita do club de Balonmán Cangas na clase de Educación Física. A monitora Giuliana, acompañada de varios xogadores do primeiro equipo, deunos unha sesión de balonmán para dar a coñecer o club e animar ao alumnado á práctica desta modalidade.



O noso alumnado estivo encantado co presenza destes xogadores, que participaron con eles nas diferentes tarefas.






luns, 8 de setembro de 2025

Xogos populares para a benvida do curso!

Hoxe demos a benvida a este novo curso escolar cunha xornada de xogos, populares, tradicionais, etc. Establecemos 10 estacións de xogos, cada unha a cargo dun mestre e fixemos grupos internivel que foron rotando polas diferentes estacións.

Ao final, unha xornada de actividade física que se enmarca dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD).