xoves, 28 de febreiro de 2019

Lucy e a panda láctea

Hoxe iniciamos no cole as actividades do Programa "Disfruta de Lucy y la Pandilla Láctea", que comprende unha serie de medidas educativas elaboradas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e respaldado pola Unión Europea. Unha actividade que se encaixa dentro do noso programa Aliméntate Ben na modalidade Lácteos na escola.

Con este programa preténdese:

  • Promover hábitos e condutas saudables vinculadas ao consumo regular de leite e derivados lácteos entre o alumnado dos centros escolares.
  • Incrementar o coñecemento por parte dos alumnos acerca da cadea de produción de leite e produtos lácteos, así como familiarizalos coas actividades dos gandeiros no medio rural.

Recibimos ademais a visita dunha monitora que puxo en marcha uns obradoiros para traballar os contidos do programa.


venres, 15 de febreiro de 2019

Adaptamos o ximnasio para a práctica do floorball

Agora xa podemos practicar en mellores condicións o floorball. Para iso utilizamos unhas táboas para conter a bola detrás das porterías, xa que do contrario sempre se metía no medio das colchonetas e non había rebote para darlle continuidade ao xogo. Por outra banda recortamos os pés das espaldeiras e reforzamos o seu anclaxe nas paredes. Desta maneira eliminamos eses obstáculos que eran un impedimento para xogar cos rebotes das paredes.

  

sábado, 9 de febreiro de 2019

Cross escolar en Chenlo (O Porriño)

Hoxe tocounos viaxar a Chenlo (O Porriño) para disputar a fase provincial do cross escolar de clubes, para o cal se clasificaron alguns nenos e nenas do noso centro, logo de correr o cross escolar zonal no Morrazo. O día estaba un pouco feo, con bastante chuvia e moito frío. En calquera caso, a maioría das nenas estiveron alí e experimentaron tamén como se vive un cross con chuvia e barro!

venres, 8 de febreiro de 2019

Volvemos a poñerlle as pilas ao noso bocata.

Hoxe visitáronnos novamente os obradoiros de Ponlle as pilas ao teu bocata, unha das modalidades do programa Aliméntate ben, un programa que pretende fomentar hábitos saudables na comunidade escolar e que forma parte do Plan Proxecta. Desta vez deixáronnos varios regalos e trouxeron dous magníficos monitores.

 

Estiveron facendo varias actividades co noso alumnado, incluso unha con gafas de realidade virtual, que mantivo ao noso alumnado moi atento.

 

E como non podía faltar, ao rematar cada obradoiro, uns auténticos bocatas de conservas para poñernos as pilas para todo o día!

 

xoves, 7 de febreiro de 2019

Cross en Portas 2019

Hoxe o alumnado de 3º de E. Primaria viaxou a Portas a disputar a fase provincial de crosses escolares, logo de conseguir a clasificación no cross zonal de Moaña. O primeiro que fixemos nada máis chegar foi unha foto de grupo, xa que polo único feito de vir xa gañamos todos. E agora a disfrutar do cross!



Aquí podemos ver as nenas facer exercicios de quecemento. A organización foi bastante boa, xa que dispuxo de tendas militares para que os diferentes colexios puideran deixar as súas cousas sen preocupacións.



E aquí as temos listas para tomar a saída. Por diante un cross sobre herba con algo de pendiente ao principio, para despois rematar baixando.



E aquí os nenos, compartindo saída con outros centros e, como se pode ver, con outras culturas!



Logo de pasar un día lúdico o CEIP Plurilingüe de Tirán tivo representación nos postos que deron lugar á obtención dun diploma.