O alumnado de 5º de E. Primaria asistiu hoxe a unha xornada de atletismo en Cangas, para competir con outros centros de Moaña e Cangas, nunha fase clasificatoria que dará aceso a unha xornada provincial no CGTD de Pontevedra.
Competiamos nas seguintes probas:
- 60 m lisos
- 500 m lisos
- Lanzamento de vórtex
- Lanzamento de peso
- Salto de lonxitude
- Relevos 4x60 m
Aquí podemos ver algúns dos nosos atletas!
E como non, logo dunha magnífica xornada de convivencia, non podía faltar unha instantánea de grupo de todos os atletas participantes.