martes, 28 de maio de 2019

Un ano máis xornada de atletismo no CGTD

Logo de disputar unha xornada previa en Cangas con centros do Morrazo, hoxe puidemos vivir unha auténtica xornada de atletismo no Estadio da Xuventude, no CGTD de Pontevedra, cun montón de centros da provincia que se clasificaron nas súas respectivas probas comarcales. É un día propicio para a convivencia con outros centros e para disfrutar dunhas magníficas instalacións. E, sobre todo, para disfrutar do atletismo.

Alí estivo o noso alumnado de 5º de Educación Primaria!

   

xoves, 16 de maio de 2019

Consellos sobre saúde infantil

Hoxe tivo lugar a charla programada sobre nutrición e podoloxía infantil a cargo das especialistas Cristina Rodríguez Chapela e Marta Losada Tenreiro. Esperábamos un pouco máis de asistencia pero os alí presentes recibiron unha serie de consellos sobre saúde infantil e tiveron ocasión de intercambiar impresións e dúbidas coas especialistas. Esperamos contar con elas de novo nun futuro.

mércores, 15 de maio de 2019

Xornada de xogos tradicionais en silleda

Hoxe vivimos unha xornada de xogos tradicionais en Silleda co alumnado de 6º de E. Primaria, dentro do programa Xogade. Como pasamos alí todo o día, pola mañá tocou outro tipo de actividades de convivencia con outros centros educativos. Estivemos xogando ao fútbol sala e despois pasamos un rato moi divertido e moi movido gracias á animación de Javi Solla. Todos os nenos e nenas estaban enganchadísimos.

 


Non só foi bailar, xa que tamén houbo tempo para outro tipo de actividades moi divertidas como tiro con arco.

 


E antes de facer unha parada para a comida, fomos sorprendidos pola organización, e invitados a participar na grabación do programa da Radio Galega chamado Convivir Deportivo, de Alfonso Pardo. E incluso o noso mestre Felipe foi invitado a unirse á mesa para comentar algún aspecto desta xuntanza e do noso Proxecto Deportivo de Centro. Podédelo escoitar aquí.

 

Xa pola tarde entramos de cheo nos xogos tradicionais propiamente ditos, a chave, a billarda e o bolo celta. Sen dúbida unha experiencia moi grata para o noso alumnado.

 

sábado, 11 de maio de 2019

Chega o Cross de Tirán

Hoxe celebramos unha nova edición do noso cross. Un día espléndido con moito azul pola contorna de Tirán. A participación foi moi boa e moi numerosa por parte do noso alumnado, chegando a inscribirse case 120 en total.

É un cross duro porque nas categorías inferiores é sempre costa arriba e nas demáis xa nos metemos no monte dos remedios, un verdadeiro terreno de cross cun terreo moi irregular.

Como podedes ver a xornada deixou moi boas imaxes. Esperamos que o noso cross siga con moito futuro por diante.

     

luns, 6 de maio de 2019

Charla sobre nutrición e podoloxía infantil.

O vindeiro día 16 de maio teremos unha charla sobre nutrición e podoloxía infantil a cargo das especialistas Cristina Rodríguez Chapela e Marta Losada Tenreiro. Será no ximnasio do CEIP Plurilingüe de Tirán e forma parte das actividades programadas para o noso Proxecto Deportivo de Centro.