xoves, 28 de marzo de 2019

Terceira sesión de piscina!

Unha nova sesión de natación na que volvemos a traballar con máis intensidade a flotación e a respiración. Respondendo aos distintos nives de adaptación ao medio acuático do noso alumnado, utilizamos distintos materias de apoio para ir mellorando pouco a pouco.

  

Obradoiros O sabor da aventura está no mar

Hoxe tivemos os obradoiros da modalidade O sabor da aventura está no mar, do programa Aliméntate ben. Nestes obradoiros dannos a coñecer os personaxes Os Arroases, que nos levan a vivir unha serie de aventuras para fomentar o consumo de peixe, familiarizar ao alumnado co mundo da pesca, coñecer as diferentes especies e transmitir aos escolares a importancia do peixe e o marisco na dieta.

Transformaron o noso ximnasio cun montón de paneis e xogos adaptados aos distintos niveles de Educación Infantil e Educación primaria. Todo moi divertido!

  

mércores, 27 de marzo de 2019

Torneo Minibasket 3x3

Este ano puxemos en marcha o I Torneo de Minibasket 3x3 do CEIP Plurilingüe de Tirán. Unha iniciativa que xurdiu de dous mestres do noso claustro, o que pon de manifesto a súa implicación co noso Poxecto Deportivo de Centro. Durante os meses de marzo e abril o noso alumnado disputará uns encontros durante os recreos.

xoves, 21 de marzo de 2019

Segundo día de piscina neste curso 2018/2019

Novamente tivemos sesión de piscina no Centro Deportivo Moaña. Hoxe traballamos aspectos técnicos de flotación, respiración ténica de braza e croll. Adaptámonos ao nivel de dominio acuático do alumnado e separámolos nas dúas rúas que nos pon á nosa disposición a dirección do centro deportivo.

Sempre nos queda un oco para facer pequenas tarefas cun maior nivel de contido lúdico para que rematen a sesión dun xeito máis divertido.

domingo, 17 de marzo de 2019

Cross CEIP A Rúa 2019

Hoxe comeza a temporada de cross escolares do Morrazo, no CEIP de A Rúa. Finalmente a chuvia deunos unha tregua e repercutiu moi pouco na nosa participación prevista, de xeito que se acercaron ata alí uns 40 escolares do noso centro.