mércores, 28 de febreiro de 2018

As nosas participacións para o 1º reto do "Pasaporte Saludable"

Xa rematou o prazo para o 1º reto do concurso Pasaporte Saludable, e finalmente temos bastantes participacións, a pesares de que moitas delas chegaron a última hora. Este collage é o resultado das nosas creacións, botádelle un ollo.

A ver se temos sorte!


venres, 23 de febreiro de 2018

1ª xornada de XOGADE: vistamos o CEIP de Quintela

Hoxe visitamos o CEIP de Quintela na primeira xornada de XOGADE, segundo o calendario establecido en consenso polos mestres participantes de Educación Física. Alí puidemos disfrutar dunha magnífica xornada cunha climatoloxía moi favorable.

Comezamos a xornada con baloncesto e despois, antes do parón do recreo, balonmán. Tras repoñer forzas coa merenda disputamos un encontro de fútbol sala ao mesmo tempo que se disputaban as partidas de xadrez na biblioteca.

Finalmente, para poñerlle broche a esta xornada de convivencia, disputamos unhas partidas ao brilé todos misturados, no interior do ximnasio.

E para rematar, unha instantánea que deixase constancia do bo clima da xornada. Agora esperamos que pronto nos visiten no noso centro!

 
 

martes, 6 de febreiro de 2018

Foso para o salto de lonxitude renovado!

O foso do salto de lonxitude necesitaba unha renovación. A area estaba endurecendo e enchéndose de herba, feito polo cal estaba a deixar de ser practicable para o salto. Ademais enchíase de auga cada vez que chovía con certa intensidade.

Aproveitáronse unhas táboas dos antigos areeiros do patio de educación infantil para facer un novo foso. Unha vez colocadas as táboas solo faltaba retirar a area antiga.



Cando se retirou a area decubrimos algo moi interesante, que debaixo da mesma había outra area máis antiga de maior calidade, máis fina e máis fácil de remover para que estea sempre branda. Para a nosa sorpresa ainda había máis fóra do foso que renovamos. Deste xeito, puidemos encher o novo foso con esa area sen necesidade de mercar unha nova.

 

Xa solo faltaba encher os arredores do foso coa area vella e cubrir o foso co céspede artificial que xa nos doara a ANPA o ano pasado. Xa está listo para estrear!

 

Deste xeito contribuimos a cumprir co obxectivo do noso Proxecto Deportivo de Centro de mellorar o equipamento deportivo, para a mellora e o aumento da práctica deportiva, tanto en horario lectivo como nos momentos de lecer.

xoves, 1 de febreiro de 2018

Chega o 1º reto do concurso Pasaporte Saludable

Un ano máis participamos no concurso Pasaporte Saludable da Fundación Eroski Escuela de Alimentación. No primeiro reto deste curso académico hai que crear un conto ou unha poesía relacionada coa alimentación saudable. 

Este ano o premio será o mesmo para todos os retos, o libro de Imagine Food, un mandil e un obradoiro de cociña na prestixiosa Basque Culinary Center de San Sebastián, case nada! A ver se nos animamos moitos!

E coma sempre, se o gañador representa a un centro educativo, este gañará 500 €.