martes, 28 de febreiro de 2017

Miniolimpíadas en Tirán!

Os máis cativos do noso centro tamén se apuntan ao proxecto "Tirán Saudable". Esta vez fixérono celebrando unhas miniolimpíadas, para favorecer hábitos saudables, coñecer novas modalidades deportivas e promover os valores que se desprenden do deporte.

Non lles faltou de nada, simularon o facho olímpico, practicaron distintas modalidades de atletismo e fixeron unha simbólica entrega de medallas.

Unha actividade multidisciplinar que tamén lles serviu para traballar outras cousas como coñecer a serie numérica cos dorsais dos atletas.

O seu compromiso coa actividade física e a saúde queda demostrado!

 
 

domingo, 26 de febreiro de 2017

O CEIP Plurilingüe de Tirán gañador no Pasaporte Saudable!

Acaban de publicar os gañadores do reto de decembro-xaneiro do Pasaporte Saudable e o noso centro gañou o primeiro premio. Foi grazas á creación de Uxía Sa Piñeiro. Para ela será o kit de cociña, o libro e o delantal.

Ademáis, como a gañadora é alumna dun centro educativo, para o noso centro haberá un premio de 500 € que gustósamente empregaremos en material deportivo para o noso PDC.

Esperamos que vos guste a súa obra de arte!

venres, 24 de febreiro de 2017

Disfrazados de corredores da milla!

Chegou o día do entroido e con el o noso disfrace de corredores da milla. Tiñámolo claro, este ano tocaba algo relacionado coa milla. Démoslle moitas voltas ao disfrace e deunos traballo ter unha idea clara. Ao final, entre todos (alumnos, mestres e familias) conseguímolo.

Quedamos moi agradecidos coas familias que se prestaron voluntarias para axudar coa maquillaxe. O resultado foi asombroso, non puido saír mellor.

Unha vez disfrazados tocou merendar cousas típicas do entroido, para coller enerxías e así poder saír á rúa. Acompañados de mestres e algunhas familias fixemos un pasacalles por Tirán. Unha marea amarela de pequenos corredores e corredoras.

 
  

xoves, 23 de febreiro de 2017

Chegou o entroido!

Esta semana no CEIP Plurilingüe de Tirán vivimos o entroido dun xeito especial. Desde o luns xa estamos a quentar motores, cos nosos particulares Mandatos da Curuxa. Os mandatos consisten en traer algo característico e distinto cada día da semana, de xeito que se van acumulando. Este curso académico coa peculiaridade de que saímos todos os días a facer a milla cumprindo os mandatos. Os deste ano foron os seguintes:
  • Luns: algo no pescozo
  • Martes: unha perruca
  • Mércores: algo pintado na cara
  • Xoves: vir en pixama
E mañá de corredores da milla, o noso particular disfrace para facerlle honra a este ano, especialmente volcados coa Milla da Curuxa e o noso Proxecto Deportivo de Centro.

 

mércores, 15 de febreiro de 2017

Uns artistas saudables

O alumnado de Educación Infantil súmase á promoción da alimentación saudable que forma parte do noso Proxecto Deportivo de Centro "Tirán Saudable". Fixérono cunhas obras de arte moi especiais. Baseáronse no artista Arcimboldo, que fai creacións de figuras humanas con froitas e outros alimentos.

Que maneira tan divertida de fomentar o contacto coas froitas e desenvolver a competencia artística dos más pequenos.


 

Educando na saúde

O alumnado de 6º de Educación Infantil elaborou este mural da prirámide dos alimentos. A mellor maneira de ir educando en saúde desde pequeniños.

Por outra banda amosa o compromiso do noso profesorado cos obxectivos do noso Proxecto Deportivo de Centro, comprometido coa promoción da actividade física e de estilos de vida saudables.