martes, 30 de abril de 2019

Xornada de Atletismo en pista en Cangas

O alumnado de 5º de E. Primaria asistiu hoxe a unha xornada de atletismo en Cangas, para competir con outros centros de Moaña e Cangas, nunha fase clasificatoria que dará aceso a unha xornada provincial no CGTD de Pontevedra.

Competiamos nas seguintes probas:
  • 60 m lisos
  • 500 m lisos
  • Lanzamento de vórtex
  • Lanzamento de peso
  • Salto de lonxitude
  • Relevos 4x60 m

Aquí podemos ver algúns dos nosos atletas!

  

E como non, logo dunha magnífica xornada de convivencia, non podía faltar unha instantánea de grupo de todos os atletas participantes.

xoves, 4 de abril de 2019

Último día de piscina

Hoxe, xa máis relaxados, realizamos unha sesión final para poñer un pouco en práctica todo o aprendido nas sesións anteriores. Por suposto, houbo tempo para facer xogos ao final da mesma e levarse un bo sabor de boca desta experiencia que quixemos retratar nunha foto de grupo ao abandonar as instalacións.