Hoxe tivemos unha visita moi especial, a da moañesa Marina Oliveras, que practica patinaxe freestyle. Marina foi campiona de España na modalidade de salto en varias ocasións e conseguiu gañar o campionato mundial desa modalidade en 2018, na súa cuarta participación nun campionato do mundo, despois de conseguir a prata en 2016 e o bronce en 2017. Recentemente, acaba de conseguir tamén o bronce nos World Roller Games de Barcelona.
Marina explicounos en que consiste a súa modalidade e o que supón ser unha atleta do seu nivel. Fíxonos unhas cantas demostracións de slalom e de salto.
Puidemos contemplar con gran admiración algunhas das medallas que colleitou nos diferentes campionatos nos que participou, neste caso a medalla de campiona do mundo de salto de 2018 e a de bronce dos World Roller Games de 2019.