Hoxe 3 de decembro celebramos o día internacional da discapacidade cunha actividade moi especial. A Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) visitounos para facer unha exhibición de boccia e slalom en cadeira de rodas.
O Boccia é un xogo de precisión e estratexia, que conta cun reglamento internacional, onde as categorías establécense en función do grado de discapacidade dos deportistas. Practícase de forma individual, por parellas ou equipos, nunha pista rectangular na que os xogadores intentan lanzar as súas pelotas o máis cerca posible da bola blanca que lles serve de diana mentras intentan alonxar as dos seus rivais, nun exercicio continuo de tensión e precisión.
O slalom é un deporte para persoas con parálise cerebral, no que, nun circuito de obstáculos, o atleta en cadeira de rodas debe esquivalos ata completar un percorrido determinado no menor tempo posible. Logo da exhibición o noso alumnado puido tamén practicar un pouco as diferentes modalidades.