Hoxe celebrouse o cross zonal da zona de O Morrazo no entorno da praia de A Xunqueira, unha actividade da modalidade Actividade deportiva escolar, dentro do programa XOGADE. Alí estivemos competindo con outros coles da zona. Tivemos un bo día a pesares das ameazas de chuvia. Foron competindo as diferentes categorías, desde 2º de Educación Primaria ata 6º de Educación Primaria.
Finalmente o noso alumnado tivo recompensa polo seu gran esforzo e conseguimos unha morea de medallas e diplomas.