luns, 30 de marzo de 2020

Análise de merendas

Durante este curso estivemos a facer unha análise de merendas do alumnado do noso centro. Para iso establecemos un periodo de tempo de 15 días e estivemos obtendo imaxes das merendas todos os días en tódolos cursos de educación primaria, coa fin de extraer datos relevantes sobre a alimentación do noso alumnado.


O obxectivo do estudo era comprobar o que se viña observando por parte do profesorado
  • pouca froita
  • exceso de alimentos procesados e ultraprocesados
  • unha merenda que xera moitos residuos non orgánicos

Estes son os resultados do estudio, establecendo ata 17 tipos de racións de merendas:

Froita (pouca variedade, plátano, mandarina e mazá maioritariamente)
Galletas (cun alto porcentaxe de galletas tipo Oreo recubertas de chocolate)
Bocadillo (en xeral, sen facer diferenzas en canto ao contido)
Bebibles (tipo Actimel, bebibles de froitas, etc.)
Sándwich
Bollería (industrial, de todo tipo)
Puciños de pan (simples, de pipas, etc.)
Tortiñas (de cereais tipo arroz, recubertas de chocolate, minis de sabores, etc.)
Chocolatinas (onzas de chocolate, barriñas tipo Huesitos, Kinder, etc.)
Froitos secos
Iogurt (de culler, de diferentes sabores, petit suisse, etc.)
Queixo (racións envasadas tipo Babybel)
Biscoito caseiro (tamén galletas ou magdalenas caseiras)
Zumes (envasados en frascos ou bricks)
Minifuets
Empanadilla/pizza
Batidos de cacao/chocolate

20,83%
17,83%
12,91%
7,50%
7,08%
6,75%
5,75%
3,83%
3,83%
3,08%
2,41%
1,91%
1,66%
1,50%
1,50%
1,41%
1,16%





















Destes datos analizouse positivamente que a ración con maior presenza é a froita, en calquera caso é unha porcentaxe moi baixa, e ademais moi similar á proporción de galletas. Hai unha presenza importante de bocadillo, pero cremos que debe tamén ser maior.

Analizando os datos desde outra perspectiva o 61% das merendas están constituídas por produtos procesados ou ultraprocesados, de xeito industrial, deixando fóra desta categoría a froita, os bocadillos (sen entrar analizar o seu contido), os froitos secos e o biscoito caseiro. Considerouse tamén ao pan de sándwich un produto procesado.

Por outra banda, tamén un 61% das racións de merenda ocasionan algún tipo de residuo non orgánico (envoltorios, botes, bricks, film transparente alimenticio e papel de aluminio).

Desde o centro educativo preténdese reverter esta situación, non só porque se ten a obriga por lei, senón tamén porque existe o convencemento da promoción de hábitos máis saudables. É por iso que se lanza unha proposta semanal de merendas que busque os seguintes obxectivos:

  • aumentar o consumo de froita.
  • reducir a porcentaxe de alimentos procesados e ultraprocesados.
  • achegarse o máximo posible ao nivel 0% residuos non orgánicos.
  • que as merendas sexan cómodas de levar e cómodas de comer.

mércores, 4 de marzo de 2020

Imos á piscina

Un ano máis voltamos á piscina municipal. Grazas á colaboración do concello de Moaña, que nos pon o autobús, e ao Centro Deportivo de Moaña, que nos ofrece unha tarifa reducida, o noso alumnado de 6º de Educación Primaria pode gozar das actividades acuáticas durante catro sesións repartidas neste mes de marzo. Toda unha aventura pasada por auga!



martes, 3 de marzo de 2020

Xornada deportiva co CEIP Montemogos

Hoxe tivemos unha xornada deportiva dentro da modalidade Actividade deportiva escolar, do programa XOGADE. Visitamos o CEIP Montemogos co noso alumnado de 5º de Educación Primaria. Alí puidemos compartir modalidades deportivas como Baloncesto, Datchball, hockey, Colpbol. Non hai mellor maneira que compartir a través da actividade física.



Rematamos cunha foto de familia, que deixa ver a importancia de fomentar as relacións sociais a través das actividades deportivas.