domingo, 12 de xuño de 2022

Volvemos a gañar as Olimpíadas Escolares de Moaña!

Este ano volvemos a estar de noraboa. Despois do parón de dous anos consecutivos debido á pandemia, o CEIP Plurilingüe de Tirán volve a gañar as Olimpíadas Escolares de Moaña de xeito consecutivo. Algo que ten un enorme valor para nós, sendo un cole pequeno que fai uns anos vía como imposible conseguilo.

O noso alumnado estivo formidable, a asistencia foi sensacional, o que temos que agradecer enormemente ás familias, xa que sin o seu apoio sería imposible. Foi unha competición limpa, cunha rivalidade sana e finalmente o triunfo estivo moi reñido, outra vez co CEIP de Quintela, nun final moi apretado.