Hoxe recibimos unha nova visita das persoas usuarias da asociación Xoan XXIII, unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á formación e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual. Viñeron a presentarnos unha serie de xogos con materiais que eles mesmos fabricaron.
Foi unha maneira de integrar esta actividade co noso proxecto anual Xogamos?. Acompañados dos seus monitores, foron capaces de dirixir e explicarnos en que consistía cada xogo.