xoves, 29 de febreiro de 2024

A nadar!

Este curso seguimos adiante co programa de piscina para 6º de E. Primaria, grazas á colaboración entre o concello de Moaña, que nos pon o autobús, e ao Centro Deportivo de Moaña, que nos ofrece unha tarifa reducida. Así poderemos gozar de actividades acuáticas. Serán sesións dirixidas polo mestre de Educación Física, baixo a supervisión dos monitores e socorristas do centro.

Así, podemos poñer en práctica algunhas habilidades dos diferentes estilos de natación e algúns xogos acuáticos.

 

xoves, 1 de febreiro de 2024

Cros provincial en Portas

Hoxe tivo lugar o cros provincial en Portas, a onde levamos clasificadas as nosas aulas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Foi unha xornada agradable, na que puidemos convivir unha vez máis con outros centros. O noso alumnado competiu moi ben e incluso houbo algún podio.