martes, 5 de marzo de 2024

Como auténticos xogadores no Gatañal!

Hoxe o noso alumnado de 5º de Educación Primaria viviu unha xornada de convivencia deportiva no pavillón do Gatañal. Estivemos a disputar pequenos encontros de balonmán con outros centros de Moaña. Estivemos acompañados por monitores e xogadores do Balonmán Cangas. Unha experiencia moi agradable. Finalmente fixemos unha gran foto de grupo para inmortalizar a xornada.






luns, 4 de marzo de 2024

Ping pong co mundialista Nigel Webb!

Hoxe tivemos no noso centro a Nigel Webb, actualmente adestrador de ping pong e xadrez no Centro Recreativo Cultural de Redondela. Nigel, de nacionalidade xamaicana, é un apaixonado do ensino. Foi número un no ranking xamaicano de ping pong durante máis de 15 anos e participou en 4 mundiales polo seu país de orixe. Adestrou en China, onde adquiriu moita experiencia e adaptou a súa filosofía de xogo.

Estivo a ensinarnos unha serie de exercicios básicos e o noso alumnado estivo moi motivado. Sen dúbida, unha honra para nós telo no noso centro e aprender un pouco del.