Os máis cativos do noso centro tamén se apuntan ao proxecto "Tirán Saudable". Esta vez fixérono celebrando unhas miniolimpíadas, para favorecer hábitos saudables, coñecer novas modalidades deportivas e promover os valores que se desprenden do deporte.
Non lles faltou de nada, simularon o facho olímpico, practicaron distintas modalidades de atletismo e fixeron unha simbólica entrega de medallas.
Unha actividade multidisciplinar que tamén lles serviu para traballar outras cousas como coñecer a serie numérica cos dorsais dos atletas.
O seu compromiso coa actividade física e a saúde queda demostrado!






