Chegou o día do entroido e con el o noso disfrace de corredores da milla. Tiñámolo claro, este ano tocaba algo relacionado coa milla. Démoslle moitas voltas ao disfrace e deunos traballo ter unha idea clara. Ao final, entre todos (alumnos, mestres e familias) conseguímolo.
Quedamos moi agradecidos coas familias que se prestaron voluntarias para axudar coa maquillaxe. O resultado foi asombroso, non puido saír mellor.
Unha vez disfrazados tocou merendar cousas típicas do entroido, para coller enerxías e así poder saír á rúa. Acompañados de mestres e algunhas familias fixemos un pasacalles por Tirán. Unha marea amarela de pequenos corredores e corredoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario