martes, 3 de decembro de 2019

Día internacional das persoas con discapacidade

Hoxe 3 de decembro celebramos o día internacional da discapacidade cunha actividade moi especial. A Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) visitounos para facer unha exhibición de boccia e slalom en cadeira de rodas.

O Boccia é un xogo de precisión e estratexia, que conta cun reglamento internacional, onde as categorías establécense en función do grado de discapacidade dos deportistas. Practícase de forma individual, por parellas ou equipos, nunha pista rectangular na que os xogadores intentan lanzar as súas pelotas o máis cerca posible da bola blanca que lles serve de diana mentras intentan alonxar as dos seus rivais, nun exercicio continuo de tensión e precisión.



O slalom é un deporte para persoas con parálise cerebral, no que, nun circuito de obstáculos, o atleta en cadeira de rodas debe esquivalos ata completar un percorrido determinado no menor tempo posible. Logo da exhibición o noso alumnado puido tamén practicar un pouco as diferentes modalidades.










venres, 29 de novembro de 2019

A Gala do Deporte Galego no Faro de Vigo

Onte asistimos á Gala do deporte Galego a recoller o noso premio Galicia Sudable, onde puidemos compartir a experiencia con outros moitos atletas e deportistas. Hoxe o Faro de Vigo recolle as imaxes da Gala. Grazas pola difusión!




mércores, 20 de novembro de 2019

Premio Galicia Saudable

No día de onte o noso centro asistiu á Gala do Deporte Galego para recoller o Premio Galicia Saudable que se nos concedeu á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa. Fomos acompañados por familias, mestres e alumnado do noso centro. Alí puidemos compartir escenario con atletas como Ana Peleteiro, Toño Campos ou Susana Rodríguez. Toda unha honra para nós compartir a experiencia con atletas desta categoría.









O noso centro está de noraboa!

O noso centro está de noraboa, xa que se nos acaba de conceder o Premio Galicia Saludable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa, segundo recolle a Resolución do 7 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicos os Premios Deporte Galego do ano 2018.

Todo un recoñecemento polo esforzo do noso centro na promoción da actividade física e hábitos de vida activa que levamos a cabo a través do Proxecto Deportivo de Centro.

venres, 27 de setembro de 2019

Visita dunha campiona do mundo!

Hoxe tivemos unha visita moi especial, a da moañesa Marina Oliveras, que practica patinaxe freestyle. Marina foi campiona de España na modalidade de salto en varias ocasións e conseguiu gañar o campionato mundial desa modalidade en 2018, na súa cuarta participación nun campionato do mundo, despois de conseguir a prata en 2016 e o bronce en 2017. Recentemente, acaba de conseguir tamén o bronce nos World Roller Games de Barcelona.



Marina explicounos en que consiste a súa modalidade e o que supón ser unha atleta do seu nivel. Fíxonos unhas cantas demostracións de slalom e de salto.


Puidemos contemplar con gran admiración algunhas das medallas que colleitou nos diferentes campionatos nos que participou, neste caso a medalla de campiona do mundo de salto de 2018 e a de bronce dos World Roller Games de 2019.



venres, 20 de setembro de 2019

Primeiro día de milla deste curso 2019/2020

Hoxe poñemos en marcha a nosa milla diaria neste curso escolar. Temos novidades, xa que saímos do cole e collemos un pequeno tramo do novo Camiño Escolar. Agora resulta menos perigoso cruzar a estrada e facemos o regreso con máis seguridade.

 

Novamente voltamos á natureza, unha riqueza que temos na nosa contorna e que xa forma parte da nosa vida diaria. Esperamos facer moitas millas durante este curso.



Hoxe tamén nos acompaña o alumnado de 6º de Educación Infantil, que este ano están decididos a acompañarnos case todos os días. Moito ánimo para todos e todas.

xoves, 27 de xuño de 2019

Comezamos coa froita

Xa deu comezo un novo periodo de reparto de froita que durará dúas semanas. Nestes días repartiremos un tipo de froita diferente cada día e como algunha vai sobrando, a medida que pasen os días o alumnado terá máis variedade para escoller a que máis lle apeteza. O obxectivo é que tomen froita e vaian creando hábitos de consumo de merendas máis saudables.

luns, 17 de xuño de 2019

Nova valoración DAFIS

Comezamos novamente coas valoracións DAFIS. Nesta última semana poñeremos en práctica de novo as distintas probas, seguindo os protocolos de valoración:

  • Composición corporal.
  • Prensión manual.
  • Back-Saver Sit and Reach.
  • Salto lonxitude pés xuntos.
  • Suspensión cóbados flexionados.
  • Resistencia cardiovascular (Course Navette).
  • 4 x 10 m.
Pronto poñeremos os resultados á disposición das familias e poderemos ver se continuamos coa tendencia de disminución dos índices de sobrepeso e obesidade.




sábado, 8 de xuño de 2019

¡¡¡GAÑADORES DA OLIMPÍADA ESCOLAR DE MOAÑA!!!

Hoxe foi un día histórico para o noso centro, por primeira vez conseguimos gañar as Olimpíadas Escolares de Moaña. Un éxito sen precedentes que quedará para sempre no recordo da nosa comunidade educativa.

Comezamos esta andadura fai cinco anos, conscientes de que os únicos obxectivos que nos plantexabamos era aumentar o máximo posible o número de participantes e achegarnos o máximo posible aos primeiros postos, que tiñamos o pleno convencimento de que era algo inalcanzable para nós, porque había centros con moito máis alumnado ca o noso.

Sen embargo, vimos como o ano anterior gañaba as olimpíadas un centro pequeno coma nós, o CEIP de Quintela, e non quedamos moi lonxe deles na nosa puntuación. É máis, solo con puntuar nas probas que deixamos desertas estariamos moi cerca de conseguilo. Isto unido a que este ano tiñamos cursos con moito nivel e que a participación era moi alta, facíanos soñar por vez primeira que podía ser posible.

Comezamos a xornada con moita concentración e con algo de nervios, porque sabiamos que podiamos conseguilo e a preparación foi con moito entusiasmo por parte do noso alumnado durante o mes de maio.

  

O seu esforzo foi inconmensurable e a ilusión e as ganas de todos e todas foi admirable. Por suposto, en todas e cada unha das probas tiñamos unha máxima, respectar aos nosos rivais sempre!

       

Enseguida comezaron a recibir medallas nun montón de probas e pola megafonía escoitábase por vez primeira que Tirán ía en cabeza!! Todos recollían as medallas con moito entusiasmo e, sen lugar a dúbida, con moita deportividade e compañeirismo.

      

Terminou a entrega dos últimos premios e todos agardabamos o reconto final das puntuacións. O CEIP de Reibón conseguía o terceiro posto, xa só quedabamos nós e os de Quintela. As caras do noso alumnado reflexaba esa tensión de crer que podía ser...



E cando a megafonía nos nombrou gañadores a explosión de alegría non puido ser maior. O noso alumnado non cabía en sí mesmo. Non era para menos, acababan de facer historia e sentían ese orgullo e esa satisfación de saberse partícipes dese gran logro.



Un soño imposible que se fixo realidade, con esforzo, con dedicación, pero sobre todo cun elevado nivel de participación. Doutro xeito non sería posible e isto débese en gran parte á dedicación tamén das familias. Grazas a eles tamén por formar parte disto.

Noraboa a toda a comunidade educativa do CEIP plurilingüe de Tirán e noraboa tamén aos centros que compartiron connosco o podio.