Hoxe celebramos o Samaín cunha milla chea de medo. Dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva, tratamos de establecer unha interdisciplinariedade coas diferentes actividades complementarias e celebracións do centro. Deste xeito, grazas á formidable colaboración da nosa ANPA Madreboa, puidemos gozar dun percorrido da nosa milla diaria moi diferente, cheo de numerosas caracterizacións propias do Samaín e celebrar este día dunha maneira diferente.
- Inicio
- O Proxecto
- Programas
- A milla da curuxa
- PEVS
- Aliméntate ben
- En familia
- Cross
- Enlaces
- Contacto
luns, 30 de novembro de 2020
Unha milla chea de medo!
martes, 3 de novembro de 2020
Novas porterías
luns, 2 de novembro de 2020
Hoxe somos superheroínas
Hoxe convertémosnos todas e todos en superheroínas, para conmemorar o 25 de novembro como día da non violencia de xénero. Aproveitamos a nosa milla diaria e, disfrazados cunha capa violeta, corremos coma superheroínas para visibilizar a nosa loita por facer que dunha vez por todas desapareza a violencia de xénero.
venres, 21 de agosto de 2020
Mesas de xogos para o noso patio
Grazas a unha colaboración coa nosa ANPA Madreboa, podemos gozar xa destas mesas de xogos para o patio. Agora teremos maiores posibilidades para o tempo de lecer e ao mesmo tempo un lugar para o noso aperitivo. Agardamos que sexa de moito uso por parte do noso alumnado.
luns, 30 de marzo de 2020
Análise de merendas
Durante este curso estivemos a facer unha análise de merendas do alumnado do noso centro. Para iso establecemos un periodo de tempo de 15 días e estivemos obtendo imaxes das merendas todos os días en tódolos cursos de educación primaria, coa fin de extraer datos relevantes sobre a alimentación do noso alumnado.
- pouca froita
- exceso de alimentos procesados e ultraprocesados
- unha merenda que xera moitos residuos non orgánicos
Analizando os datos desde outra perspectiva o 61%
das merendas están constituídas por produtos procesados ou ultraprocesados, de
xeito industrial, deixando fóra desta categoría a froita, os bocadillos (sen
entrar analizar o seu contido), os froitos secos e o biscoito caseiro.
Considerouse tamén ao pan de sándwich un produto procesado.
Por outra banda, tamén un 61% das racións de
merenda ocasionan algún tipo de residuo non orgánico (envoltorios, botes,
bricks, film transparente alimenticio e papel de aluminio).
Desde o centro educativo preténdese reverter esta situación, non só porque se ten a obriga por lei, senón tamén porque existe o convencemento da promoción de hábitos máis saudables. É por iso que se lanza unha proposta semanal de merendas que busque os seguintes obxectivos:
- aumentar o consumo de froita.
- reducir a porcentaxe de alimentos procesados e ultraprocesados.
- achegarse o máximo posible ao nivel 0% residuos non orgánicos.
- que as merendas sexan cómodas de levar e cómodas de comer.
mércores, 4 de marzo de 2020
Imos á piscina
Un ano máis voltamos á piscina municipal. Grazas á colaboración do concello de Moaña, que nos pon o autobús, e ao Centro Deportivo de Moaña, que nos ofrece unha tarifa reducida, o noso alumnado de 6º de Educación Primaria pode gozar das actividades acuáticas durante catro sesións repartidas neste mes de marzo. Toda unha aventura pasada por auga!
martes, 3 de marzo de 2020
Xornada deportiva co CEIP Montemogos
Hoxe tivemos unha xornada deportiva dentro da modalidade Actividade deportiva escolar, do programa XOGADE. Visitamos o CEIP Montemogos co noso alumnado de 5º de Educación Primaria. Alí puidemos compartir modalidades deportivas como Baloncesto, Datchball, hockey, Colpbol. Non hai mellor maneira que compartir a través da actividade física.
Rematamos cunha foto de familia, que deixa ver a importancia de fomentar as relacións sociais a través das actividades deportivas.
xoves, 20 de febreiro de 2020
Avances no camiño escolar seguro
Hoxe estivemos reunidos cos arquitectos que deseñaron o camiño escolar seguro e con membros da asociación de veciños O Pegho de Tirán. Deste xeito puidemos poñer ideas en común para avanzar na mellora do camiño en prol da seguridade de tódolos membros da comunidade educativa que se achegan ao noso centro.
mércores, 12 de febreiro de 2020
Cross provincial en Portas
Hoxe celebrouse o cross provincial en Portas. Fomos co noso alumnado de 4º e 2º de Educación Primaria, logo de haberse clasificado no cross zonal celebrado en A Xunqueira. Puidemos gozar dunha xornada deportiva con outros coles da provincia.