domingo, 20 de novembro de 2022

Camiñamos cara a igualdade

No día de hoxe tivemos unha celebración moi especial, celebramos a igualdade cunha camiñada en prol da mesma, percorrendo o barrio de Fontes e así visibilizar a nosa loita para que cada vez haxa menos diferenzas entre xéneros.


 

xoves, 10 de novembro de 2022

Un magosto cheo de xogos!

Hoxe celebramos o magosto e, coma sempre, cun circuito de xogos previos ao asado e comilona de castañas. Desta maneira, facemos que as actividades complementarias do centro estean vinculadas ao noso PVAD, buscando a presencia constante da actividade física.

Fixemos xogos de puntería na portería, xogos de intentar encestar o aro, outros coma o tres en raia ou o de vestir o aro.



Tampouco faltaron xogos populares coma os bolos ou a chave, tan típica do noso concello, ou outros clásicos coma o xogo do pañuelo ou o de tirar a corda.



O máis importante, unha xornada chea de actividade física e de convivencia entre o alumnado dos diferentes cursos.






 

luns, 7 de novembro de 2022

Balonmán na escola

Hoxe o noso alumnado de 4º de E. Primaria, tivo unha xornada de balonmán na escola, dentro do programa XOGADE, a cargo dos monitores do clube de balonmán de Cangas. Unha boa maneira de inicialos neste deporte, nas clases de Educación Física.


 

venres, 4 de novembro de 2022

Cross zonal de O Morrazo en A Xunqueira

Hoxe celebrouse o campionato zonal de campo a través da zona de O Morrazo en A Xunqueira. Alí estivemos unha vez máis con outros centros educativos de o Morrazo, cos cursos de 2º a 6º de E. Primaria. Pouco a pouco fóronse sucedendo as diferentes saídas, por curso e categoría. 



O noso alumnado competiu con moita deportividade e con moito entusiasmo. Enseguida houbo alumnado destacado, que tomaba a iniciativa na súa proba.



E o resultado foi moi bo, tivemos un montón de alumnado do noso centro nas diferentes entregas de premios e diplomas. Todo un orgullo para nós, pero o máis importante foi a convivencia co resto de nenos e nenas.




Finalmente unhas fotos de grupo para inmortalizar este día e a experiencia de participar un ano máis neste campionato zonal. A ver se hai sorte e conseguimos clasificar algunha aula para o campionato provincial.