xoves, 25 de maio de 2023

Xornada de atletismo no CGTD

No día de hoxe estivemos no CGTD de Pontevedra, para disputar a fase provincial de atletismo na escola, logo de clasificarnos na xornada previa que tivera lugar no IFEVI. Aquí competimos con outros centros da provincia que se clasificaron nas súas fases zonais. Puidemos gozar ademais dunhas instalacións oficiais e federadas.




mércores, 24 de maio de 2023

Benvidos Abelendo!

Hoxe recibimos a visita do CEIP de Abelendo de Moaña, para practicar modalidades deportivas, dentro do programa XOGADE. Trátase de encontros multideportivos que organizamos a través da Agrupación Deportiva Areas Gordas, deste xeito facémonos visitas deportivas entre os centros de Moaña.

Neste caso, comezamos cunha breve presentación de benvida ao alumnado de Abelendo e aos seus mestres acompañantes.


Logo estivemos practicando modalidades coma baloncesto, balonmán, xogos de mesa como xadrez, etc., tanto con equipos misturados entre coles como por separado, posto que hai un aspecto competitivo nestas actividades que merece a pena ser tratado desde os coles, lonxe do que habitualmente se vive nos clubes deportivos.



Para finalizar fixemos un encontro de Datchball no ximnasio e inmortalizamos a xornada cunha gran foto de familia.


luns, 22 de maio de 2023

Semana da froita

Esta semana comezamos un novo período de quinde días de reparto de froita, grazas ao programa de Froita na Escola do FOGGA. Nestas dúas semanas repartiremos dez variedades de froitas distintas, para que o noso alumnado intente adquirir hábitos de incluír máis froita nas súas merendas e, ao mesmo tempo, experimente con outras froitas menos habituais.


 

venres, 5 de maio de 2023

De visita deportiva a Quintela

Hoxe desplazámonos ao CEIP de Quintela para outra xornada deportiva, dentro do programa XOGADE. Para chegar alí fomos camiñando, aproveitando o bo tempo e que non queda moi lonxe. Desta maneira poñemos en práctica os obxectivos do nos PVAD de incrementar a carga de actividade física en horario lectivo.

Estivemos practicando modalidades coma baloncesto, balonmán, hockey, etc., en quendas nas que os equipos estaban misturados para favorecer a convivencia entre o alumnado.


Para poñer fin á xornada estivemos practicando Datchball no ximnasio e rematamos cunha gran foto de familia.