venres, 28 de marzo de 2025

Xornada de XOGADE con Abelendo

Hoxe recibimos a visita do CEIP de Abelendo de Moaña, para practicar modalidades deportivas, dentro do programa XOGADE. Trátase de encontros multideportivos que organizamos a través da Agrupación Deportiva Areas Gordas, deste xeito facémonos visitas deportivas entre os centros de Moaña. Estivemos practicando balonmán, voleibol, e outros xogos como o de atrapar a bandeira ou Datchball.

Dentro da organización da xornada seguimos a respectar o tempo da nosa milla diaria e, como non podía ser menos, o alumnado de Abelendo acompañounos e fixérono encantados.



 

luns, 24 de marzo de 2025

Xornada de XOGADE en Quintela

Hoxe desprazámonos ao CEIP de Quintela para unha xornada deportiva, dentro do programa XOGADE. Para chegar alí fomos camiñando, aproveitando que non chovía e que non queda moi lonxe. Desta maneira poñemos en práctica os obxectivos do noso PVAD de incrementar a carga de actividade física en horario lectivo.
Estivemos practicando modalidades coma baloncesto, balonmán, hockey, etc., en quendas nas que os equipos estaban misturados para favorecer a convivencia entre o alumnado. Rematamos cunha gran foto de familia.