Hoxe tivemos os obradoiros da modalidade O sabor da aventura está no mar, do programa Aliméntate ben. Nestes obradoiros dannos a coñecer os personaxes Os Arroases, que nos levan a vivir unha serie de aventuras para fomentar o consumo de peixe, familiarizar ao alumnado co mundo da pesca, coñecer as diferentes especies e transmitir aos escolares a importancia do peixe e o marisco na dieta.
Transformaron o noso ximnasio cun montón de paneis e xogos adaptados aos distintos niveles de Educación Infantil e Educación primaria. Todo moi divertido!




Ningún comentario:
Publicar un comentario