Hoxe, nas clases de Educación Física fixemos unha actividade de remo, como non podía ser menos, co club de remo SD Tirán. Acompañáronnos dúas monitoras que nos explicaron un pouco da súa historia e particularidades do deporte do remo.

Despois estivemos coa parte máis divertida, duelos co ergómetro a ver quen conseguía facer unha determinada distancia no menor tempo posible. Foi unha clase moi intensa.




Ningún comentario:
Publicar un comentario