Hoxe visitáronnos os monitores de Ti si que es un bo peixe, un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e os nenos da nosa comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias. Esta modalidade forma parte do programa Aliméntate Ben, un programa que busca fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.
Enchéronnos o ximnasio de posters e figuras explicativas dos produtos do mar para que o noso alumnado puidese coñecer máis de cerca as súas características alimentarias.