Un ano máis, seguimos adiante co programa de piscina para 6º de E. Primaria, grazas á colaboración entre o concello de Moaña, que nos pon o autobús, e ao Centro Deportivo de Moaña, que nos ofrece unha tarifa reducida. Deste xeito, o noso alumnado pode disfrutar de actividades acuáticas. As sesións diríxeas o mestre de Educación Física, baixo a supervisión dos monitores e socorristas do centro.
Así, podemos poñer en práctica algunhas habilidades dos diferentes estilos de natación e algúns xogos acuáticos.