sábado, 7 de xuño de 2025

Vencedores das olimpíadas 2025!

O CEIP Plurilingüe de Tirán conseguiu a victoria nas olimpíadas escolares de Moaña, por terceira vez na súa historia. Este ano sabíamos que tiñamos potencial para conseguilo e todo o alumnado traballou moi exitosamente o atletismo desde a materia de Educación Física. Había moitas dúbidas entre o alumnado porque o mestre de Educación non podería estar por compromisos persoais, pero houbo colaboradores entre as familias que o fixeron estupendamente.

Todo comezou co desfile de coles, cada un coa súa bandeira, como todolos anos, desde o concello ata as pistas de atletismo de A Xunqueira. Pouco a pouco fóronse disputando as diferentes probas nas distintas categorías e, enseguida comezou a destacar o CEIP de Quintela seguido moi de cerca polo noso cole. Ao longo do día todo se mantivo así, ata que pola tarde o noso centro se puxo en cabeza e o cole de Quintela comezou a descolgarse na clasificación. Sen embargo, comezou a acercarse o CEIP de Reibón e mantivemos un pulso moi apretado ata a última proba do día e finalmente conseguimos a victoria tan só por 3 puntos de diferencia con Reibón.

A celebración do noso centro foi espectacular e quedará na memoria de todo o alumnado para sempre, algo que conseguiron co seu esforzo e coa súa ilusión.


A euforia era máxima entre alumnado e familias, polo que prolongaron a celebración na praia, algo que xa se está a converter en habitual nos últimos anos.