mércores, 15 de maio de 2019

Xornada de xogos tradicionais en silleda

Hoxe vivimos unha xornada de xogos tradicionais en Silleda co alumnado de 6º de E. Primaria, dentro do programa Xogade. Como pasamos alí todo o día, pola mañá tocou outro tipo de actividades de convivencia con outros centros educativos. Estivemos xogando ao fútbol sala e despois pasamos un rato moi divertido e moi movido gracias á animación de Javi Solla. Todos os nenos e nenas estaban enganchadísimos.

 


Non só foi bailar, xa que tamén houbo tempo para outro tipo de actividades moi divertidas como tiro con arco.

 


E antes de facer unha parada para a comida, fomos sorprendidos pola organización, e invitados a participar na grabación do programa da Radio Galega chamado Convivir Deportivo, de Alfonso Pardo. E incluso o noso mestre Felipe foi invitado a unirse á mesa para comentar algún aspecto desta xuntanza e do noso Proxecto Deportivo de Centro. Podédelo escoitar aquí.

 

Xa pola tarde entramos de cheo nos xogos tradicionais propiamente ditos, a chave, a billarda e o bolo celta. Sen dúbida unha experiencia moi grata para o noso alumnado.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario