luns, 23 de setembro de 2024

Xa temos pista de voley praia!

Estreamos pista de voley praia! Tiñamos unha zona de patio verde que non nos daba moito xogo, xa que cando chovía estaba encharcada e cando lle crecía moito a herba era impracticable. Deste xeito, optamos por darlle un novo uso a ese espazo e creamos unha pista de voley praia. Fixemos un perímetro con tubo de alcantarilla, nivelamos o chan, puxemos unha manta anti herbas e mandamos vir area de sílice. 

Agora temos un novo espazo de xogo e unha alternativa máis para o tempo de lecer. De xeito que seguimos adiante cos obxectivos do noso PVAD, de impulsar a actividade física en horario lectivo e de crear novos espazos para a practica deportiva.