O noso alumnado de 5º acudiu a un campionato de ergómetro celebrado no pavillón de A Raña en Marín, unha actividade enmarcada no programa XOGADE á que acudiron máis de 20 centros educativos de O Morrazo.
Alí, cada centro estaba nun ergómetro, acompañado de monitores de diferentes clubs de remo e, nunha quenda de relevos ían sumando metros.
Finalmente o noso centro conseguiu acadar a terceira posición, un gran mérito tendo en conta que é unha aula con pouco alumnado e que se tivo que enfrontar a moitos centros.






Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.