A repercusión da Milla da Curuxa está a ir máis alá do que nos podiamos imaxinar. Hoxe viñeron periodistas de La Sexta a gravar a nosa particular milla diaria e a interesarse polo noso Proxecto Deportivo de Centro. Para nós é un orgullo atendelos e darnos a coñecer.
Este acontecemento é algo moi positivo para o noso centro, pois é unha noticia que se vai a emitir a nivel estatal, polo que sitúa a Tirán no mapa polas súas boas prácticas educativas relacionadas coa actividade física e a promoción de estilos de vida saudables.
Esperamos que este recoñecemento sirva de exemplo para que outros centros se animen a poñer en marcha prácticas como a nosa, baseadas na iniciativa surxida no Reino Unido, The Daily Mile.
A noticia non poderá ser emitida hoxe pola repercusión mediática que está a ter a morte da que fora alcaldesa de Valencia durante 24 anos, Rita Barberá. Pero infórmannos de que sairá o próximo 6 de decembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario