Esta semana pasada volvéronnos entrevistar os medios de comunicación. Neste caso puxéronse en contacto connosco periodistas do Atlántico Diario. Preguntáronnos pola nosa iniciativa da Milla da Curuxa, como xurdiu a idea e que pretendiamos conseguir. Como non podía ser doutra maneira, explicámoslle con detalle en que consiste o noso Proxecto Deportivo de Centro. Onte saíu a noticia na súa versión dixital.
Unha vez máis o CEIP Plurilingüe de Tirán é noticia polas súas prácticas saudables de fomento da actividade física diaria entre os seus alumnos e alumnas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario